Publicidad:
Terra
La Coctelera

O Camiño de Santiago Francés...

... en bicicleta de montaña en 11 etapas, algún disgusto e moitas alegrías (ou era ao revés?).

30 Diciembre 2006

A primeira etapa do camiño

15-agosto-2006
Etapa: Roncesvalles-Huarte

Hai dúas cousas das que non te podes fiar. A primeira son as guías de peregrinos, porque son moi subxectivas e os perfís e comentarios que realizan poucas veces coinciden coa realidade que un vai vivindo. A segunda cousa da que non debes fiarte é de RENFE (quen é capaz de meter dúas bicicletas de montaña empaquetadas debaixo das liteiras?).

O día 15 de agosto iniciamos o camiño e subimos o Alto de Erro sen maiores problemas. A baixada foi pedregosa e Tomás, con bicicleta híbrida, pinchou e houbo que cambiar o pneumático á chuvia. O tempo que nos deu chegar a Zubiri, onde a tormenta, con abundante chuvia, obrigounos a recollernos. Aproveitamos para comer uns bocatas e pillar frío ao estarmos mollados. Na entrada a Huarte paramos para facer unhas fotos ao lado do río e fomos invitados a pacharán por unha veciña (mágoa que non aceptamos!) que de paso comentounos o bo refuxio que aquí había. Ante a posibilidade de que o de Pamplona estivese completo decidimos quedarnos aquí. O albergue era grande, estaba bastante ben, o hospitaleiro moi agradable e case non había peregrinos. Os pinchos do peregrino que daban en Pamplona quedarán para probalos noutra ocasión.
Huarte é unha pequena vila que apenas ofrece servizos ao peregrino e difícil foi atopar un lugar no que cear e iso que a percorremos de arriba abaixo.
Foi esta unha etapa bastante curta. Pero a noite anterior foi de danza: ás 4 da mañá en Castejón fixemos transbordo de tren e mentres esperabamos fomos desembalando e montando as bicicletas e cando chegamos a Pamplona tivemos tempo dabondo para tomar un café, poñer os traxes de romano (digo de ciclista) e dar unha pequena volta pola cidade ata as 10 e media da mañá, hora na que quedamos con Fermín e a súa furgoneta para que nos levase ata Roncesvalles.
E a iso das doce iniciamos a andaina.

Roncesvalles
Subida Erro
Huarte

servido por escornabois sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de escornabois

O Camiño de Santiago Francés...

ver perfil »
contacto »
Sobre nós: Pois esta é a historia, contada daquela maneira, de como cinco amigos galegos decidiron realizar esta aventura. A idea de facelo dende Saint Jean Pied de Port viña de anos atrás, pero ata que se atopou o momento oportuno non se puido facer. Ao final, por diversos impedimentos, partimos dende Roncesvalles un 15 de agosto de 2006. Chegamos a Santiago un 26 do mesmo mes e ano.
Huarte
Puente la Reina
Logroño: Fonte do Peregrino
Tosantos. Albergue
Frómista. Esclusa Canal de Castela
Castrojeriz. Subida colina Mostelares
Carrión. Campo de xirasoles
Calzadilla de la Cueza. Camiño medieval
Astorga
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Fotos

escornabois todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Categorías

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera